Páginas

viernes, 9 de noviembre de 2012

Este sábado homenaxe ao naufraxio que marcou "un antes e un despois" na Costa da Morte

Foto: Vito Diéguez




Interesantísima foto tomada de "My Opera" Avelino
Falar da Costa da Morte é falar da traxedia marítima que marcou históricamente este cacho de costa comprendido entre as Sisargas ata Fisterra, polo menos así é visto polos patróns e capitáns que realmente coñecen os numerosos e perigosos baixos cando navegan cos seus buques (agora mesmo a Costa da Morte xa se chama por Laracha, etc). Fálase moito dos "raqueiros", eses que supostamente engañaban aos estudiados capitáns e polo visto eran despistados si durante a noite vían luces en terra e incomprensiblemente deixaban o compás a priori inocentemente de cambiar o rumbo e cálculos da súa bitácora. Miles de páxinas están escritas e califican peor imposible, a bondade das nosas xentes á hora de actuar ante un naufraxio, e, curiosamente sempre que houbo supervivintes, estos alabaron o trato valente e solidario dos nosos habitantes. Outra cousa é que un barco naufrague e ante a descomunal miseria á que estaban expostos, recolleran os obxectos que o forte oleaxe esculpía nas rochas, aínda se fai a día de hoxe en todas as partes do mundo. Particularmente "penso" que eses supostos raqueiros serían mafias organizadas que sabían que "x" barco transportaba moedas de ouro e outras riquezas, porque, como ían saber os nosos pobres veciños dunha aldea, quen viña navegando e qué traía, si por haber, nin había telégrafo para comunicarse. Tema intenso a debatir e non é o momento, é o turno do "Serpent", ese buque acorazado da mariña británica que unha nefasta noite de 10 de novembro tivo a mala sorte de atoparse cun forte temporal na mesma Costa da Morte e naufragando na zona de "trece", en concreto, nos baixos do "boi". Néboa, forte travesía, mar de fondo e a "demora que sufre o compás nesa zona marítima", foron as causas do naufraxio (menos mal que houbo supervivintes para contalo), a imposibilidade de controlar o buque ante os fenómenos adversos que esa noite de néboa tapaba o vello faro, pasoulle a ese capitán e pode pasarlle a calquer outro que navegue tan preto da nosa costa porque correxir ese errático rumbo capeando olas de máis de 8 metros de altura é prácticamente imposible, naquela época e hoxe...sucedía o peor, o mar tragaba 173 mariños que durante escasas horas eran escupidos a terra, moitos deles mutilados, golpeados ca virulencia das olas contra as rochas. Veciños do noso concello intentando axudar con cabos e outros escasos medios aos 3 supervivintes que tocaron terra case de milagre e unha auténtica impotencia ante os demáis compañeiros. Houbo que enterralos na beira do Serpent, daí o cemiterio. Foron os ingleses os que solicitaron un faro eléctrico e máis eficaz a raíz deste naufraxio, cargado de moito misterio en canto a carga que transportaba. Construiríase, a petición dos mesmos británicos ao noso goberno,  o que hoxe está considerado un dos faros máis importantes do mundo, o "Faro Villano" sin esaxerar nada en absoluto,  tamén o telégrafo chegaría a este olvidado rincón de Galicia e do resto de España (sobre todo por aquela época). A día de hoxe, esta zona rochosa é lembrada cada ano por importantes personalidades facendo mención a este naufraxio anque quedan representados todos os naufraxios que se produciron e producen na Costa da Morte. Será a partires das 22:30 deste próximo sábado, no mesmo cemiterio dos ingleses, onde o alcalde de Camariñas, Pichurri, o deseñador Antonio Pernas (cunha peza de acordeón incluída), o director en Galicia da Real Liga Naval Española e promotor da placa conmemorativa e outras iniciativas hacia a nosa costa, J. Manuel Pato os que farán especial acto de presenza. Destacar as actuacións en vivo  do músico Antonio Rumbo Vidal e o "Coro Municipal de Abrandares de Camariñas" que poñerán as súas voces a disposición dun lugar mítico que é recordado polos ingleses con mostras de agradecemento ante o pasado e presente cos habitantes de Camariñas, 121 anos despois da traxedia. O acto está aberto a todo aquel que queira asistir, no mesmo lugar onde están enterrados os máis de 170 mariños no cal unha  misa especial, como as que nos ten acostumados o noso párroco Jesús recordará a todos os naúfragos. Un precioso ramo lucirá no interior do cemiterio unha vez remate a sin lugar a dúbidas, emotiva e apacible noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo