Páginas

sábado, 17 de noviembre de 2012

O Ghañam Style da Costa da Morte está arrasando na rede



Arrasando na rede están estes dous veciños de Vimianzo, Juan Gimel e Damián  Espasandin que nada máis subir un video divertidísimo en youtube emulando a parodia do exitoso surcoreano Psy, do Gangnam Style está "janando en estilo" en versión galega e xa levan 15.000 visitas en poucas horas. Prácticamente todos os medios informativos están facendo mención ao respecto e de seguro que vai seguir crecendo o seu humorístico éxito rodado no entorno de Vimianzo. Juan e Damián aseguran que o seu teatrillo comenzou de cachondeo pero está tendo éxito gracias tamén ao traballo de Guillermo Méndez, autor dos vídeos promoción ao Asalto ao Castelo de Vimianzo. Atentos que penso que non tardarán en sair nas televisións, sobre todo na TVG. Un pouco de humor no medio da crise non ven mal. Noraboa a estes vimianceses polo éxito que están repercutindo. Xóvenes con arte, un mundo de inxenio e pouca vergonza (no bo sentido da palabra). Para ver o vídeo pincha abaixo e dentro da ventana  "ver en youtube". Non o perdas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo