Páginas

viernes, 30 de noviembre de 2012

"Pájaro que no vuela se lo acaba llevando el viento"

Camariñas Directo

Si miramos ben, retornando ao pasado na Costa da Morte, a nosa comarca parece que está gafada. Non nos estrane nin parezca disparado pensar que é verdade a lenda da sumerxida cidade de Duio que acabou pagando o castigo divino do noso señor Xesucristo cando o Apóstolo Santiago intervira de mensaxeiro no mesmo Monte do Facho predicando a palabra de Deus e sendo rechazada. A guerra existente naquela época provocou que a Virxe escapase dalí navegando nunha Barca de Pedra ata Muxía a chorar clamando a Deus fronte o astro Rei, o Sol .  Tampouco sería nada estrano outro impredicible "Prestige" porque despois de tantas desgrazas que levan sucedéndose ao longo da nosa historia, en calquer momento un poida escoitar nos medios que "un barco da mesma compañía que o Casón acaba de encallar nas Quebrantes" ou "Un avión espía aterriza no peirao de fora para vixiar aos buques que aínda seguen tirando resíduos nucleares preto da nosa costa" ou incluso  "desmontouse un cacho da Virxe do Monte" porque pesimistas pesimistas non seremos pero sufridos, ignorados e calificados como cidadáns de segunda, pode un chegar a pensar que "si". 

Si hai comarcas que sairon case a pelo das dificultades, a nosa pode ser a número 1 en España. Si por estar gafados non é pero que mala sorte que a crise se cebe nestes momentos con nós, xusto cando a Autovía comezaba a construirse, a verdade é que a intención e as máquinas estaban e andan por aí pero....que máis da que fose o PP, que fose o PSOE, ou  que sexa calquer outro o que invirta o noso diñeiro nun servicio imprescindible para o desenrolo deste cacho de costa, o asunto é que teñamos autovía (libre de peaxe). Pero a nosa moral non pode virse abaixo, somos loitadores e sufridos e polo tanto hai que seguir confiando, polo menos temos unha carretera que nos leva á capital. Afortunados os que teñen trens de cercanías subvencionados a RENFE para que sexan viables porque o número de usuarios non dan para pagar o mantemento das vías. Fai unha semana, este que escribe quedaba esperpento despois de ter unha conversa cunha persoa que de primeira man sabe, coñece e vive do aire, non me refiro a non dar pé con bola, xa me entendedes. 

De novo os políticos volven ser os protagonistas, é dicir, son eles os que teñen que cumplir (debería existir unha cláusula do prometido e anti-enganos) cos compromisos de benestar dos cidadáns e facilitarlle a vida a todos os españois por igual. PSOE, PP, Xunta, Fomento, etc, etc, conseguiron (co erario público) traer para a Costa da Morte a segunda base de Galicia de Salvamento. Un helimer 203 aterrizaba este pasado mes de setembro en Ruibo, unha aldea que hai en Lires (Cee) a carón dun famoso río e nunha esplanada de 900 metros cadrados que alberga un edificio de 250 con todos os servizos que precisan a tripulación no seu interior. O paxaro pode voar a algo máis de 300 km/h e 1000 millas sen repostar. Carallo!!, dalle de sobra para ir ao corredor marítimo e volver, voar ata Vilán e xirar ata a Lobeira unhas cuantas veces. Vamos progresando, é importantísimo este servicio para a costa española con máis desgrazas as súas espaldas pero temos un problema (esperemos que de momento). 

Os case 2 millóns de euros que se invertiron non son suficientes, maldito diñeiro...fai poucos días, a desgraza cebouse cun pescador de cana nos acantilados de Cee e o helicóptero non pudo ir a por el, tivo que facelo a lancha auxiliar do remolcador Don Inda. Era noite e de noite o cacharro non pode voar...con ventos fortes tampouco pode despexar (que envidia sana da ver por televisión os avións de rescate dos americanos)...cajola tos, ca pila de vento que hai aquí...ah, con niebla tampouco pode e no sitio onde está operativo, as xiadas son frecuentes (está o río preto). Non tivemos tempo a conversar máis pero agradezo a fonte que me advirtíu que teñamos coidado no mar, que o servicio é de agrader pero só poden operar de día, con calma e sen borraxeira. Tampouco é que esteamos tan "gafados". O problema pode vir cando se fagan as contas...rentabilidade e outras chorradas económicas. Xa sei que a nosa idea non vale de nada, cada un no seu oficio pero vamos propoñer unha por sí acaso non son rentables os escasos partes ás aseguradoras. No verán dedicalo a pasear turistas (cobrándolle claro) e mirar como pescamos e que poidan sacarlle fotos aéreas á nosa preciosa Costa da Morte. Non vaia ser que "Pájaro que no vuela se lo acabe llevando el viento"


3 comentarios:

  1. E un pracer leer a sua disertacion sempre tan abocada a realidade!.Saudos

    Kiños

    ResponderEliminar
  2. Un maestro de la narrativa. Gracias, Mickel
    Antonio

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo