Páginas

lunes, 19 de noviembre de 2012

Preocupación e resignación total dos armadores de Cerco cos duros recortes nos cupos de Pesca



Estes pasado xoves todas as confrarías de pescadores recibían un fax do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambente (carteiras que se engloban con Pesca, ausente de Ministerio propio e nome desaparecido) ca nova orde de pesca na que se establece o vindeiro Plan de Xestión para os buques inscritos no Censo do Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste. Unha vez informados, principalmente os armadores de Cerco, Manuel de Lin (armador e patrón do RioBao) comunicaba a esta redacción (fonte que se agradece) o malestar, preocupación e profunda resignación de toda a flota de Camariñas e resto da Costa da Morte, motivos polos que se aceleraron os contactos de  todos os armadores de Galicia (lugar que nos atañe) para reunirse o vindeiro venres día 30 ás 5 da tarde en Santiago de Compostela, na mesma sede da Federación Galega e alí tratar o tema, complicado e cun rotundo desacordo e transmitirllo ao ministro Arias Cañete en Madrid antes dos 10 día hábiles. Estarán para redactar as súas alegacións, os armadores, os presidentes da Federación Galega de Confrarías, Benito Glez e da Federación Provincial e Nacional de Confrarías, Genaro Amigo entre outros e terán o absoluto apoio das correspondentes Confrarías de Pescadores. Están absolutamente en contra dos duros recortes en varias especies pero sobre todo na sardiña. Dun cupo de 7000 kg/día foise recortando ata chegar aos 1000 kg/día do novo borrador. O xurelo, que escasos anos atrás tiña un cupo de 6000kg/día pasarase a 4000 kg/semanais. Ca xarda sucede máis do mesmo, 3 anos atrás dos 10000kg/día ata os 2300 semanais da actualidade. Cupos que para nada se corresponden e nin punto de comparación teñen cos establecidos para outros países que entraron antes que España no seno de Bruselas e nalgunhas especies non se entende que poida ser pola sobreexplotación dos recursos porque o sónar marca peixe e doutros países "sí poden vir pescalo". Erróneo polo tanto e incomprensible o novo Rumbo que nos leva á futura Política de Pesca Comunitaria (PPC) en certos puntos. As cousas e as esperanzas pintan mal no sector do cerco, pálpanse mermados. Todas esas reunións que prometían ser satisfactorias non fructificaron e non convencen a nadie da flota. Consideran que todos estes cabecillas que deberían velar máis pola balanza da realidade non están favorecendo en absoluto os intereses de Galicia e con estes novos e duros recortes, si fructifican (todo apunta a que así será) serán un duro golpe máis na mesma  liña de flotación da viabilidade destas empresas flotantes onde se exerce o oficio máis antigo da humanidade, a Pesca. Saíndo xa da modalidade do cerco, cabe matizar que todos os países deberíamos entrar con igualdade nos repartos e normas pesqueiras nas diferentes formas de pescar e cos diversos aparellos que están regulados (permex) e a voz do sector tiña que ser tida en conta "de verdade" políticamente para poder remar todos xuntos hacia a Pesca Sostible. Cupos con sentido común (que non dea a sensación que en vez de traballar vas a delinquir), vedas e permanentes controis en todas as artes de pesca (quizás diñeiro mellor invertido que o dos subvencionados estudios enriba das mesas). Quizás co compromiso real das administracións e ca involucración dos pescadores, a Pesca teña futuro nestes pobos con tradición mariñeira desde que o ser humano existe. Leis para queimar o mar non pero tampouco leis que che obriguen a devolver ao charco a cantidade necesaria de peixe atrapado nos aparellos para poder pagar os gastos (abultados gastos) diarios e os respectivos soldos dos mariñeiros para poder vivir decentemente.

3 comentarios:

  1. Pódese decir mais alto, pero non mais claro... A min dame que queren acabar coa flota... Noraboa polos teus traballos. Unha aperta. --- Estu ---

    ResponderEliminar
  2. Excelente artigo Mikel, coma sempre. Un saúdo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un saúdo Diego. Alégrame saber que estas tamén por este barco.
      Saúdos e gracias Estu.....Mikel

      Eliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo