Páginas

jueves, 15 de noviembre de 2012

Todo a punto para desgüazar ao Deus da Caza "Orión"



Construído nos asteleiros da Ponte do Porto, o Deus da Caza era botado do asteleiro en 1990 e 22 anos despois vai ser aplastado por unha pá no mesmo lugar de construcción. O seu armador, Moncho de Vidal, surcou toda a nosa costa con este barco de madeira de case 11 metros de eslora pescando con artes menores. Especialmente adicado á captura de polbo con nasas, os últimos anos de navegación do "Orión" foron patroneados polo seu fillo Sergio que foi quen heredou firmemente o oficio paterno. Barco moi coidado onde os houbera e que era habitual velo cada ano nas rampas de varado para deixar secar a madeira e mantela sempre a punto con aceite de liñaza e gasoil que Moncho brocheaba por todas as costelas antes de levar as respectivas facianas de pintura. Con este novo desgüace péchase a lista de admitidos (por este ano) do porto camariñán anque a flota non se vai ver mermada ante as novas incorporacións do censo pesqueiro na vila dos encaixes. Non sucede o mesmo no resto dos portos da Costa da Morte nos cales os desgüaces e ventas a outros portos reduciron nalgús casos máis do 50% o total da súa flota. Ata sempre Orión.

3 comentarios:

  1. A MI GAMELA

    Derrotada, descansas en la arena,
    a la orilla de la mar varada;
    jamás, librarte, pudiste de ella,
    de nuestros mares siempre enamorada.
    Triste destino tuvieron tus leños,
    dulce para mí tu eterna morada;
    en tus altares descansan mis sueños
    que los guardo muy dentro del alma.

    Sobre mi tierra, rota, me esperas,
    encubierta por su tumba sagrada,
    con cuerpo y alma por siempre me hicieras
    danzar un día con olas de plata.
    En la sombra me aguardas, compañera,
    vieja gamela, que la arena fragua;
    siempre fiel a tu alma marinera,
    con mis piropos flotando en el agua.

    Antonio Puertas.



    ResponderEliminar
  2. Estás feito un poeta Toño. Facia tempo que non leia unha poesia tua.Como estás compañeiro?.E un pracer tornar a pasar os ollos por un escrito teu e saber que estás eí o pe do cañón.Unha aperta de
    TISTA

    ResponderEliminar
  3. AMIGO TISTA, é pa min un verdadeiro pracer poder dialogar contigo, inda que tan só sexa por un instante, e a través destes medios.
    Ti ben sabes o moito que che aprecio. Fomos amigos inseparables dende a nosa infancia e,iso, non se esquece xamais. Recordos fermosos que van con nos durante o resto da nosa vida.
    Se segues algo do que escribo, poderás ver que todo xira en torno a aqueles anos, e entorno a os meus amigos. Ti fuches e segues sendo un deles, que sempre vai cos meus recordos.
    Grazas Tista. Unha gran aperta pa ti e pa toda a túa familia.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo