Páginas

lunes, 24 de diciembre de 2012

Nova victoria do Porteño C.F nun partido vibrante



Tocoulle viaxar por segunda vez consecutiva ao Porteño e traían de novo os 3 puntos, desta vez da  Serra de Outes nun partido vibrante ata o derradeiro minuto. Con 9 goles para os 2 equipos, Outes 4-5 Porteño, dominou o Porteño pero diante tiña a un Outes tamén ben prantado sobre todo en defensa. Nun céspede impecable  e a pesares de que os locais sempre foron arrastro no resultado, obtiñan demasiada recompensa en diferentes etapas do encontro ante un Porteño que estrelou 3 balóns nos paos, marcou 5 goles (hat-trik de Michael, David e Mario) e creou ocasións para aumentar máis o resultado. Os vermellóns foron superiores desde o 1º segundo pero inexplicable e curiosamente, os 4 goles encaixados foron a balón parado ante unha defensa que estibo atentísima e impecable prácticamente durante todo o partido. A lectura deste partido demostra que a sorte (nisto do fútbol normalmente vai por rachas) aínda non está moi presente nos vermellóns e iso obrígaos a seguir traballando máis si cabe que os seus rivais e a non relaxarse nunha liga que está sendo moi competitiva e apretada.  Agora toca descanso ata o 12 de xaneiro e comezarán o ano enfrontándose aos lider e colider da competición antes de que remate a 1ª volta. De 1º veranse as caras por 1ª vez ante o líder Esteirana que parece que xoga a outra liga sumando todos os partidos por victorias pasando o rodillo por todos os campos que pisa  cunha media de máis de 6 goles a favor por encontro e recibindo 1 gol cada 2 partidos. Pode pasar de todo e numéricamente son superiores os de Esteiro, pero estamos convencidos que será un gran partido si o Porteño está no 80% do seu rendimento. Con todo o respeto que merece o rival, seguindo nesta liña que o adestrador Ordóñez (coa axuda de Carlos e Castro) ten implantada sabendo explotar (motivando, educando,  ensinando estes chabales en idaes cruciais)  o mellor de cada un (con marxe de mellora en algún caso puntual, dada a calidade que tamén teñen dentro)  o rodillo de Esteiro terá que estar moi fino se quere seguir aplastando da maneira que o está facendo e si pisa tampouco pasa absolutamente nada. Serviría para mellorar aprendendo, pero, "o partido aínda hai que xogalo", que non se fíen deste Porteño. Forza equipo!!


Crónica do partido: 
Desde que o colexiado pitou o inicio do partido, o Porteño fíxose dono do balón e xa aos 4 minutos David recibía unha brutal falta no borde da área que Michael tiraría directo a porta sorprendendo por abaixo da barreira e tras o rechace David empalmaba un golazo pola escadra e poñía o 0-1 no marcador. Aos 15 minutos botaba un córner o Outes que rematarían a pracer e poñían o 1-1. Cunha concentración considerable por parte dos dous equipos, o xogo trancurría no medio do campo e pouco a pouco os vermellóns subían liñas e trás caer en varias ocasións no límite do foro de xogo puxéronse finos e  pouco antes do remate da 1ª parte, Mario introducía un balón á espalda da defensa e nunha saída do porteiro, David daba unha gran asistencia a Michael que marcaría o 1-2 provisional ata o descanso. Comezaba a 2ª metade e os pupilos de Ordóñez fallaban poucos balóns e cando erraban era por mérito do rival que tamén ten algún xogador destacado. Sobre o minuto 10 chegaba o 1-3 a favor do Porteño nun balón en profundidade que Bruno introducía polo medio da defensa e que Michael golpeaba en seco e cruzado ao imposible do cancerbeiro. Pouco despois o Outes e noutro saque de esquina marcaba o 2-3 rematando un balón ao pao longo que Álvaro en liña de gol non sacaba por centímetros. 5 minutos máis tarde, Gonzalo sacaba ca man un balón debaixo dos paos que vía o colexiado e sinalaba penalti expulsando con vermella directa ao lateral. Non perdoaba o Outes ás únicas ocasión que estaba tendo e poñía táboas no marcador 3-3. Non daban crédito os da Ponte pero estaban empates. Solventes en defensa e co centro do campo controlado afrontaban durante case media hora o partido cun home menos. Os David e Michael quebraban a defensa rival, entendíanse e cambiaban de bandas constantemente e iso deixaba noqueado a un gran central do Outes que na seguinte xogada facía penalti a Álvaro cando nunha aceleración se dispoñía a rematar diante do porteiro. Michael atrevíase a tirar a pena máxima e non fallaría poñendo o 3-4 no marcador. Parecía que estaba todo resolto pero dun tiro de falta a favor do Outes, desde a liña de banda e moi distante da portería, o balón entraba axustadísimo (1 de mil) pola escadra que defendía Brais e de novo empataban 4-4. Contaxiouse a garra dos visitantes e a saque dese gol, Michael chutaba forte desde o centro do campo poñendo en serios apuros ao porteiro. Despois Miguel sacaba unha falta lonxana que estrelaba no longueiro. Esgotábase o tempo e de novo Michael escapaba de varios marcaxes e o porteiro atallaba con dificultades un balón que acababa sendo rematado polo dianteiro porteño atopándose de novo co pao. Case co tempo consumido, Mario sacaba das súas botas (producto da casa) un disparo desde fóra da área chutando  por alto o 4-5 definitivo facendo xustiza no fútbol vivido neste partido.
A pesares da mala fortuna sobre todo en 4 encontros (por diferentes motivos), a garra e solvencia en defensa, a técnica e visión de xogo dos centrocampistas, e, a complicidade, compenetración, rapidez e grandísima pegada da dianteira sitúan aos da Ponte no 5º posto, a 3 puntos do 3º clasificado, o Fisterra.

Goles: Michael (3), David e Mario
O árbitro: Moi ben
Dato significativo: As antigas usanzas do marcador manual cun home dentro da caseta para actualizalo en tempo real.

                                                       Nome: Álvaro Trillo De la Fuente
                                                       Idade: 15 anos
                                                       Natural: Ponte do Porto
                                                       Posición: Centrocampista
                                                       Outros datos: Militou no Vimianzo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo