Páginas

miércoles, 19 de diciembre de 2012

O Concello de Camariñas está adaptando as farolas cun interesante proxecto de mellora no rendimento e consumo



Máis de 450 farolas distribuídas polas catro parroquias do Concello de Camariñas están adaptándose aos tempos que corren e aínda que correran tempos mellores este interesantísimo proxecto bautizado ca adecuada "Mellora de eficiencia enerxética no alumeado público" será moi importante para reducir o recibo do consumo ata un 50%. Despois do traballo levado a cabo polo goberno local, os case 95.000 euros que se necesitan para adaptar os dispositivos están sendo subvencionados polo Fondo de Compensación Ambiental que a Xunta de Galicia ten a disposición dos concellos que albergan parques eólicos. Máis ou menos consiste en poñer uns reloxos nos cuadros eléctricos e desa maneira estarán operativas as horas onde realmente se necesita a luz. Tamén se están instalando uns sensores para que cando a bombilla detecte a persoas a forza desta aumenta e quedando posteriormente con menos intensidade. Non cabe lugar a dúbidas que se trata dun proxecto innovador e productivo para os concidadáns. O goberno socialista foi consciente do malestar que poidera ocasionar saltear algunhas farolas cando comenzaron os recortes e tratan de darlle prioridade aos núcleos máis frecuentados. De todas formas traballan para evitar que ningunha casa quede sen iluminar e aparte destes inconvintes agradecen a colaboración cidadá para informar de posibles anomalías nas farolas para poder subsanalas no menor tempo posible porque as bombillas máis antigas poderían ter problemas técnicos con posibles incompatibilidades do moderno dispositivo.

Foto e fonte: Máiscamarinas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo