Páginas

sábado, 8 de diciembre de 2012

O destino incerto da lonxa vella de Camariñas está sembrando un fieital no seu tellado




Nacía fai décadas con moita vida e a pesares do seu abandono a vida segue existindo no seu tellado e debaixo dos seus balcóns (mariñeiros ao abrigo). Xestionada polo Concello de Camariñas, propiedade terrenal de Portos e mirando cara unha das rías máis fermosas e ricas do mundo, o edificio abandonou o servicio que prestaba aos mariñeiros fai case unha década. Sanidade prohibía subastar nada nela porque non cumplía cos requisitos mínimos de salubridade. Chegou a ser unha das mellores lonxas da Costa da Morte pero non se foi actualizando nin renovando acordes ao tempo actual. Ao igual que a súa compañeira de Fisterra foron as últimas en pasar a concurso ante o ente de Portos e así poder concederlla ás Confrarías de Pescadores correspondentes e a condición que os representantes da época no noso concello poñían (Bautista Santos, Ruperto Mosquera e Marisol Soneira) era que a concederían cando se construira a nova lonxa que alberga o peirao de fora e poder prestar o servicio lóxico e indispensable que necesitaban os pescadores. Inaugurábase o novo edificio non exento de polémica nas instalacións que dispón Capitanía Marítima. O ex-capitán marítimo, no ano 2005 advertía que a auga entraba polas rendixas de certas fiestras ata introducirse nos arquivos e a súa queixa foi escoitada e como se pudo, subsanada. Na actualidade aínda se ven pingueiras nalgunhas zonas anexas a capitanía pero a pesares da súa discutida estética, a lonxa está a altura das circunstancias. Non sucede o mesmo ca antiga lonxa, aquela que albergou nas súas entrañas toneladas e toneladas de todo tipo de peixes. As épocas doradas da merluza no Canto, as tarrafas cargadas de sardiña, as descargas de sacos e sacos de pulpo e as toneladas de congrio non foron suficientes para evitar que a súa vida se fora esgotando e na actualidade pode apreciarse o abandono total que sufre ante as inclemencias do tempo. No seu interior, ferramentas e outros servicios que explota o concello, debaixo dos balcóns, o poderoso abrigo de chuvias e ventos para os numerosos mariñeiros que día trás día teñen que frecuentar o muelle...arriba, o tellado convertido nun auténtico fieital, torres caídas e grietas que aguantan todo tipo de embestidas. Servicial para apoiarse nela a descansar a espalda, aínda hoxe nadie se atreve a aventurar cal vai ser o destino deste edificio que experimentou "todo tipo de descargas" nas súas rampas, baleas incluídas. Unha superficie ocupada que acrecenta o feísmo e o perigo segundo avancen os anos. Especulouse en plena bonanza económica que podería convertirse nunca casa para os xubilados...un edificio múltiple para dar servizo aos supostos pantaláns de embarcacións de recreo que se pretendían instalar en plena fachada e os actuais ocupados polos profesionais pasalos á zona dos de recreo...ata un restaurante sonou polos "disques" habituais deste pobo ou unha demoliciónn para dar claridade á fachada e instalando uns bancos recollidos tipo marquesiñas compaxinados con vexetación. Na actual crise na que estamos sumerxidos mirando a administarción que miremos o único certo é que a duras e maduras                                                                   " A Vella lonxa de Camariñas segue tendo vida".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo