Páginas

viernes, 14 de diciembre de 2012

Os cacos actuaron esta noite no Colexio "O Areal" e roubaron unha importante cantidade de diñeiro

Xa foi arreglada a ventana por onde entraron os ladróns - Camariñas Directo

Que desagradable é vivir nun lugar e ter que informar deste tipo de barbaridades. Hoxe pola mañá acudía este redactor a confirmar o remate dunha pequena colaboración que tíña pendente cos mestres e conserxe do colexio O Areal e resulta que unha desagradable nova volvía a salpicar o nome de Camariñas pero sobre todo ao traballo altruista que o equipo de docentes do colexio de ensinanza primaria levaba desenvolvendo todo este tempo para os seus alumnos. Os cacos aproveitaban o temporal para acceder por unha ventana anexa a sala onde estaban depositados os aproximadamente 500 euros, diñeiro que ía ser destiñado principalmente para excursións. Un ou varios elementos (sin descartar ningunha outra hipótesis) rompían o cristal da citada ventana (sobre as 1-2 da pasada madrugada) e unha vez no pasillo rebentaban a porta que da acceso á secretaría que é onde estaba o diñeiro. A súa directora foi a primeira en decatarse que os amigos do axeno revolveran caixóns e todo canto poidera ter forma de depósito monetario. O resto do material non lles importou (esta noite). Nestes intres están traballando co Concello de Camariñas en instalar algún dispositivo de seguridade. Lamentable suceso que xa foi posto en coñecemento das dependencias da Garda Civil, un corpo de seguridade que probablemente precise de todo menos recortes ante os numerosos episodios que se están vivindo na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo