Páginas

sábado, 8 de diciembre de 2012

Partido cunha de cal e outra de area no Hermanas Patiño

Michael volveu a ser un quebradeiro para a defensa rival


Crónica do partido:

Este sábado, os cadetes do Porteño disputaban o seu primeiro encontro da tempada no Hermanas Patiño. Chegaban cas importantísimas baixas dos centrais Bruno e Miguel e diante dun Fisterra que ocupa o 3º posto na táboa clasificatoria. Tivo o Porteño que modificar parte  do plantel e firmaba a 1ª metade máis nefasta desde que comenzou a liga. Erro tás erro, indecisións e faltas provocadas no borde da área fruto da inseguridade e nula concentración fixeron que o Fisterra se adiantara a balón parado en 3 ocasións en menos de 20 minutos.Cun medio campo que tan só Mario conseguía tocar escasos balóns e cunha dianteira que non recibía ningún pase, os Michael e David víanse obrigados a ir defender e os da Ponte sufrían ata o borde do descanso que foi cando Michael desbordaba a defensa rival e centraba unha gran asistencia que remataría Iván poñendo o 1-3 no marcador. A zaga central era de novo modificada no descanso. Non lle gustaba a lectura do partido a un Ordóñez que daba entrada a Jose Manuel e Álex  e movía fichas resultando ser todo un acerto e o mesmo equipo que andaba indeciso case remonta nun partido intenso que se foi facendo dono durante o transcurso da 2ª metade. Xa elaboraba xogadas  e o Fisterra chocaba ca garra dun Manolo que pasou ocupar o posto de lateral esquerdo e Jose Manuel facía un gran traballo  no sitio dun incómodo e impreciso Álvaro que pasaría a ocupar o seu sitio habitual. O dominio porteño vía o seu fruto cando Mario mandaba un chupinazo de fóra da área que estrellaba no pao, rechace que aproveitaría Michael para chutar un balón imparable e poñíanse  2-3 no marcador. Parecíalle increible ao Fisterra que este equipo resurxira do que parecían cenizas e de novo Michael íase de 7 xogadores que intentaban frear sen éxito a súa fortaleza co balón nos pes e colgaba un balón diante do porteiro que David non conseguía empalmar e que Michael tería que ir darlle ánimos porque se viña abaixo (gran detalle). Co partido prácticamente finiquitado anulaban un gol ao Porteño (Michael) por suposto fóra de xogo. Acabou o Fisterra pedindo o tempo. Foi superior o Fisterra na 1ª metade e o Porteño na 2ª. Resultado final:  Porteño 2 - Fisterra 3. 

Goles: Iván (1) e Michael (1) 
O árbitro: Ben
Datos significativos: A deportividade amosada polos dous equipos
O vindeiro sábado (horario matinal) o Porteño viaxa a Carnota e coa gran nova de que recuperan aos centrais, Miguel e Bruno. 

                                                   Nome: Jose Manuel Sar Castiñeira (Josiño)
                                                   Idade: 14 anos
                                                   Nacido: Ponte do Porto (Camariñas)
                                                   Posición: Centrocampista
                                                   Outros datos: Procede do equipo do Concello de Camariñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo