Páginas

lunes, 21 de enero de 2013

Ondas de 7 metros de altura azotarán de novo á flota pesqueira



Si un se asoma (non recomendadable con este tempo) á escollera do peirao de fóra do porto máis seguro da Costa da Morte poderá contemplar como un número importante de barcos de todos os tamaños están amarrados con cabos reforzo ante os previsibles efectos adversos que de novo azotarán ás nosas costas durante este martes. Ao seu paso, "gong" deixaba o sitio para que dúas  borrascas non deixaran entrar o anticiclón das Azores. Anque en menor intensidade que a cicloxénesis, para mañán as ondas poderían acadar os 7 metros de altura e os refachos de vento oeste-noroeste deixarán rexistros que poden rozar os 90 km/h. As temperaturas serán baixas, rozando os 7º e as chuvias serán en forma de granizada. Con este panorama, prácticamente toda a flota pesqueira seguirá sin sair a faenar. A lixeira melloría dos vindeiros xoves e venres verase de novo alterada (salvo inesperados cambios) a partires do fin de semana pero todo apunta a que os pescadores poderán ir mirar os aparellos calados en profundidades aparentemente seguras. Segue a racha negativa para os intereses dos mariñeiros, sobre todo para a maioría dos barcos que faenan ao pulpo, un producto severamente devaluado (en lonxa, non no supermercado) nos últimos meses con prezos que non se vían desde fai décadas.

1 comentario:

  1. Logo, haberá que ir mercar un pouco de pulpo pa gardar no conxelador; aquí no mercado, está polas nubes...por esas, que corren ben en popa cando lles premen dende atrás, como está a pasar estes días de temporal.
    En fin, Dios queira que non haxa desgrazas, nin que este tolo “ gong “, sega tocándonos o tambor por moito mais tempo.
    Saúdos a todos vos.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo