Páginas

miércoles, 9 de enero de 2013

Unha gran masa de persoas con diferentes profesións intentan atopar o seu primeiro traballo como "mariñeiro"


Impensable sería esta situación cando no ano 2000 os habitantes da Costa da Morte e neste caso, Camariñas desfilaban en éxodo hacia as illas Canarias. Acostumados os galegos a sair de difíciles situacións desde aquela época dos 60 que foi cando a xente marchaba para Suiza en busca dun presente e futuro mellor, foron moitos os mariñeiros que na época do boom inmobiliario se adaptarían como o que máis á paleta e a escaiola chegando incluso a formarse en moi pouco tempo en autónomos da rama da construcción. Rápidamente, por qué non dicilo, nos anos do blanqueo (cambio de peseta a euro) os pisos levantábanse en maior escala á demanda e pouco importaba o que custara...había movemento de obreiros,  maior número de afiliados á seguridade social, créditos basura con nóminas temporais, etc, etc. Como é de recibo, a maior parte dos mariñeiros locais aproveitaron o tirón e as plazas nos barcos de pesca quedaban vacantes ata límites considerables e houbo que suplir esa man de obra con mariñeiros principalmente inmigrantes. Filipinos, indonesios, peruanos e  guineanos entre outros completaron as tripulacións necesarias para poder sair a pescar. Nestes momentos e co boom inmobiliario caído ao chan, moitas persoas de diferentes profesións están a formarse como "mariñeiros" e na maioría dos casos nunca pisaron un barco. A vea loitadora dos galegos ten que activarse por partida dobre, unha, adaptar o corpo ao mareo e outra aprender a profesión (só se necesita vontade). Albanís de pura, peóns e incluso estudiantes xa están exercendo e perfectamente a profesión máis antigua e das peor valoradas ante a sociedade. A necesidade real de ingresos para afrontar a vida en momentos de case nulo traballo, sobre todo nestes pobos costeiros está propiciando que o que nadie quería (con lóxica) sexa nestes intres un  balón de osíxeno para evitar outro éxodo da poboación a Suiza. Varios veteráns emigrantes que xa retornaran á súa querida Camariñas volveron marchar ao país helvético e moitos outros estano facendo por primeira vez. Por outra banda, un número importante de recentes grumetes queren evitar facer as maletas intentando colarse entre asentados mariñeiros e inmigrantes en algún dos barcos do porto pesqueiro máis importante da Costa da Morte. Aumentou considerablemente a flota e serán varios os que atopen unha válvula de escape, pero, cáseque se pode deducir que calquer tempo pasado foi mellor. A palma de ouro das solicitudes lévana os barcos de cerco, pasando polos diferentes tamaños dos barcos de artes menores e sendo as lanchas de menor porte as preferidas para acostumarse e poñerse "ok" antes de lanzarse ao charco. Que corran bos ventos para tod@s coa Política Pesqueira Comunitaria a menos de 3 millas da proa.

1 comentario:

  1. E de agradecer que niste tempo de crise e a falta de diversidade de empregos, ainda quede un fio polo que tirar e atoparse cunha amplia flota pesqueira pra o sustento de
    tantas familias,que sen outros medios,
    deben acudir a ista opcion sen mais remilgos.
    Saudos e fotuna pra capear
    iste infausto episodio.

    Kiños

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo