Páginas

domingo, 3 de febrero de 2013

Esperar mirándoa por telescopio ou navegar máis de 40 horas

O mar batendo na zona da piscifactoría - Camariñas Directo
Levamos case toda a semana sin actualizar nada e unha das razóns é que a "política" actual non interesa en absoluto, ou mellor dito, non merece máis mención, tal e como se está vendo o panorama, agora sí, eso non quita que estemos ao tanto de case todo o que se coce. Cando esta faceta actúe como debería, ante o papel importantísimo que xoga nas nosas vidas, por suposto tería cabida aquí.
Andan os barcos a voltas co tema do verdel e como non pode ser doutra maneira, as políticas comunitarias, estatais e autonómicas teñen todo que decir neste tema porque por estudios biolóxicos non é. Buques pesqueiros con bandeira (de conveniencia) portuguesa xa están pescando xarda (en abundancia) nos caladoiros cantábricos e os españois están esperando ao día da apertura. Fai un par de anos o noso país excedíu o cupo e agora toca reducir o total das capturas. Nada é oficial (de momento) pero fontes de primeira man aseguráronlle a este redactor (asumo a mea culpa si hai erro) que este ano e o próximo, o TAC redúcese en máis de 4000 tn e desa maneira non se paga a multa por exceso. A partires daí será onde este tipo de pesca recupere a normalidade  e sexa máis viable aventurarse ao verdel porque este ano todo apunta que a cosecha durará pouco máis de 10 días. A xarda parte do cantábrico ata a nosa costa e cando chegue aos nosos mares a veda está pechada,  cunha reserva do 20% do TAC para permitir poder pescar 50 kilos por día e barco. Evidentemente os barcos galegos, e cada ano máis, toman rumbo ao cantábrico, principalmente aos portos de Santoña e Ondárroa cando o cupo (a nivel nacional) se abre. Unhas 40 horas de navegación por mar para dar os primeiros lances, uns lances que este ano poderían quedar da seguinte maneira. Antes de nada, insistir que esta nota non ten nada de oficial mentres non salgan os resultados dunha última reunión en Madrid e o comuniquen as correspondentes confrarías de pescadores. Pode ser que Camariñas Directo se equivoque pero si é así, anticipadas disculpas, son datos provisionais (creibles a título persoal). Dise isto porque unha importante cantidade de armadores, siguen este blog e o asunto é delicadísimo (dependendo como se lea)...tampouco se piden nin aceptan medallas si se acerta porque é un tema que compete a todos nós, incluido o presente:

TAC - Pasamos das 24000 toneladas do ano pasado  a case 20000 
Barcos de cerco; Máximo 6000kg/día (2000 kilos menos que o anterior exercicio)
Barcos de liña; Máximo 2000 kg/día (400 kilos/día e tripulante)
Posible día da apertura; 25 de febreiro
Duración da campaña pesqueira: Dependendo do factor climatoloxico, número de barcos e cupo capturado...6 días para os barcos de cerco e 11 días para o resto da flota pesqueira.

Si todos estes datos varían, unha nova entrada correxirá o mencionado. Si queda todo cual tal sona, esto é o que hai. Cando non hai peixe non se pesca, cando hai abundancia non se pode. "Política"


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo